InicioComarca da FonsagradaBaleiraAchan en Baleira o cadáver sen signos de violencia dun sendeirista lucense...

Achan en Baleira o cadáver sen signos de violencia dun sendeirista lucense desaparecido

A Garda Civil di que "non se aprecian signos de violencia" no corpo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un dispositivo de procura localizou na madrugada deste mércores en Baleira o cadáver dun sendeirista de Lugo do que se denunciou a súa desaparición a última hora do martes.

En concreto, trátase dun home de 53 anos que saíra a pasear sobre as 9,00 horas do martes. Ao non regresar, a súa familia interpuxo unha denuncia por desaparición ás 22,00 horas. O dispositivo de procura activado entón localizou o corpo do home sobre as 1,00 horas da madrugada na área da Marronda, no veciño municipio de Baleira.

Fontes da Garda Civil, que leva a investigación para esclarecer o sucedido, apuntaron que, en principio, “non se aprecian signos de violencia” no corpo, á espera de que se lle practique a autopsia ao cadáver.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...