InicioSucesosIdentificado o ladrón de 22 caixas de xeado e 10 de verdura...

Identificado o ladrón de 22 caixas de xeado e 10 de verdura en Lugo

Tamén foi localizado o autor doutro roubo nun concesionario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Policía Nacional de Lugo conseguiron esclarecer un delito de furto e outro de roubo con forza ocorridos nas últimas semanas nun camión frigorífico e un concesionario. En concreto, no caso do roubo con forza, ocorreu o pasado 18 de agosto, cando alguén entrou nun concesionario de vehículos da cidade de Lugo e levou varias chaves, un teléfono móbil, unha tablet, e unha caixa de caudais.

Por mor das investigacións e comprobacións levadas a cabo, os axentes imputan este roubo a un home, veciño de Lugo, de 53 anos, ao que lle constan varios antecedentes.

Por outra banda, o día dous de setembro, a Policía Nacional recibiu unha denuncia polo roubo de 22 caixas de xeado e 10 caixas de verdura conxelada, valorados en máis de 700 euros.

Todos estes elementos foran subtraídos dun camión de repartición que estaba estacionado na vía pública, mentres o seu condutor estaba na hora da comida. Ao regresar ao camión, un veciño informoulle de que o condutor dun vehículo –do que achegaba fotografías– abrira o portón da caixa do camión e subtraído varias caixas. O presunto autor puido ser identificado e detido grazas a estas fotografías.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...