InicioSucesosPropostos para sanción tres cazadores interceptados nunha pista forestal de Lugo

Propostos para sanción tres cazadores interceptados nunha pista forestal de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil propuxo para sanción a tres persones que circulaban nun vehículo todo terreo por unha pista forestal situada entre os termos municipais de Lugo e O Corgo por supostas irregularidades na lei de caza.

Segundo informa a Benemérita, os ocupantes do vehículo, presuntamente, ocultaban debaixo do asento do condutor unha escopeta desenfundada e desmontada. Tamén se localizaron na guanteira cinco cartuchos de munición e un cartucho de postas (munición prohibida).

Os axentes procederon a intervir a arma e a munición por irregularidades en materia da lei de caza de Galicia e ao regulamento de armas, quedando depositada a escopeta na intervención de armas da Garda Civil de Lugo a disposición da autoridade competente.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...