InicioSucesosDenunciado por negarse a usar a máscara cando recibía diálese nunha clínica

Denunciado por negarse a usar a máscara cando recibía diálese nunha clínica

Segundo lles dixo aos axentes, non era capaz de "aguantala as catro horas" que tiña que estar alí, a pesar de ser advertido de que estaba nun lugar onde, como el, había persoas de risco.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a un individuo por negarse a usar máscara mentres recibía tratamento de diálese nunha clínica da cidade de Lugo.

Segundo relatou a Policía Local, ás 12,16 horas do pasado 25 de agosto a Sala do 092 recibiu aviso desde unha clínica de diálese da cidade sobre a presenza dunha persoa que se negaba a usar máscara.

Por iso, acudiu unha patrulla ao lugar de Policía de Barrio e comprobou que a persoa que se negaba a usar máscara “estaba a recibir tratamento de diálese nese momento”, polo que procederon a requirilo para que a puxese, ante o cal se negou en repetidas ocasións.

Segundo lles dixo aos axentes, non era capaz de “aguantala as catro horas” que tiña que estar alí, a pesar de ser advertido de que estaba nun lugar onde, como el, había persoas de risco.

Ante a “negativa persistente” do suxeito, indicaron as mesmas fontes policiais, os axentes realizaron acta denuncia por incumprimento de medidas preventivas.

Ademais, informaron o persoal médico do centro de que a decisión de permanente do individuo no mesmo “non se pode basear en criterios policiais senón sanitarios”, polo que “debe decidir o facultativo correspondente se prioriza a protección do resto de usuarios do establecemento ou o tratamento que ha de recibir o propio suxeito”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...