Home Lugo e contorna Sanción de 6.000 euros por instalar no coche un sistema de dobre matrícula para evitar as multas

Sanción de 6.000 euros por instalar no coche un sistema de dobre matrícula para evitar as multas

0
Sanción de 6.000 euros por instalar no coche un sistema de dobre matrícula para evitar as multas
Coche interceptado en Lugo cun sistema de ocultación de matrícula. GARDA CIVIL

A Garda Civil de Lugo identificou a un coche cun sistema de ocultación da placa de matrícula na súa parte traseira cando circulaba pola estrada LU-160 (Mondoñedo – Ferreira).

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, o condutor e titular do vehículo foi proposto para unha sanción de 6.000 euros e seis puntos. Deste xeito, sinala que se culmina unha investigación iniciada “meses antes” grazas á colaboración cidadá, que levou a un condutor a informar á Garda Civil que vira un vehículo coa matrícula traseira tapada.

Unha vez interceptado o vehículo e identificado o condutor, os axentes puideron confirmar as sospeitas de que o vehículo levaba instalado un sistema que, accionado por un mando a distancia, ocultaba a matrícula traseira do automóbil, para interferir nos diferentes sistemas de vixilancia e control do tráfico (cinemómetros, radares de tramo, cámaras de cinto de seguridade e móbil, cámaras de xestión de tráfico e de aeronaves).

+ posts