Home Lugo e contorna Lugo Seis persoas denunciadas por non levar máscara, unha ouriñaba na rúa e dúas bebían alcol

Seis persoas denunciadas por non levar máscara, unha ouriñaba na rúa e dúas bebían alcol

0
Seis persoas denunciadas por non levar máscara, unha ouriñaba na rúa e dúas bebían alcol
Efectivos da Policía Local / CLM24

A Policía Local de Lugo tramitou seis actas de denuncia por incumprir a obrigación de uso de máscara, unha delas a un individuo que ouriñaba na vía pública e dúas que consumían alcol e gritaban na rúa pasada a medianoite.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, as intervencións que acabaron en denuncia por non usar máscara leváronse a cabo nas rúas Tui, Alexandre Bóveda e Rúa das Fontes.

Un dos denunciados tamén o foi por infracción á Lei de Residuos de Galicia, puntualizaron as mesmas fontes municipais, “por miccionar en vía pública”.

Ademais, outros dous foron denunciados por infracción á Lei de Protección de Seguridade Cidadá, posto que se estaban ás 00,15 horas, subliñou a Policía Local, “gritando na vía pública, consumindo alcol e rompendo vasos de cristal contra o pavimento ante a presenza policial”.

+ posts