Home Sucesos Arde o teito de madeira da Casa da Música de Chantada

Arde o teito de madeira da Casa da Música de Chantada

0
Arde o teito de madeira da Casa da Música de Chantada
Consorcio Provincial de Bombeiros

Un incendio declarado na tarde deste venres queimou o teito de madeira e unhas escaleiras exteriores da parte de arriba da Casa da Música de Chantada.

Segundo informa a Policía Local, o lume afectou ao exterior do inmoble e uns laterais de aluminio, pero parece que non rexistra danos aparentes no interior do edificio.

Os bombeiros conseguiron extinguir o lume. Sobre as 20,45 horas atopábanse arrefriando a zona dun incendio declarado ao redor das 19,30 horas.

A Policía Local explica que este domingo se celebrarán as eleccións autonómicas no auditorio municipal, contiguo á Casa da Música –xa que se entra pola mesma porta–, pero non se prevén problemas para o seu uso.

+ posts