InicioSucesosPolicía e Bombeiros entran pola ventá na casa dunha muller que non...

Policía e Bombeiros entran pola ventá na casa dunha muller que non daba sinais de vida

A filla levaba catro días sen saber da nai, de 65 anos, que foi atopada consciente e incapaz de moverse da cama.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo, coa axuda dunha dotación do corpo de Bombeiros da cidade, accederon por unha das xanelas á vivenda dunha muller de 65 anos de idade que levaba catro días sen dar sinais de vida.

Segundo informou a propia Policía Local, os axentes acudiron a un domicilio da rúa Otero Pedrayo na noitiña do pasado 14 de xuño logo de que a filla da muller avisara de que levaba catro días sen saber nada da nai. Tamén lle explicou á Policía que a muller cambiara as fechaduras da porta do piso e que estaba a tomar “moita medicación”.

Os policías accederon ao piso a través dunha xanela e atopáronse á muller tendida na súa cama, consciente e incapaz de moverse.

Inmediatamente, os axentes pediron axuda ao servizo de urxencias sanitarias e, tras recibir os primeiros auxilios na súa propia casa, a muller foi evacuada ao HULA nunha ambulancia do 061.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...