Sufocado un incendio nunha casa en Abadín

A vivenda, ao estar en obras, non estaba habitada e só se rexistraron danos materiais. En concreto, arderon papeis, roupa e algún moble de madeira e producíronse danos nunha xanela.

(Arquivo) Sala de emerxencias do 112 Galicia
(Arquivo) Sala de emerxencias do 112 Galicia

Os bombeiros de Vilalba tivéronse que desprazar este domingo ao veciño municipio de Abadín para apagar un incendio declarado no interior dunha casa na que se están facendo reformas e cuxo orixe se está investigando.

A vivenda, ao estar en obras, non estaba habitada e só se rexistraron danos materiais. En concreto, arderon papeis, roupa e algún moble de madeira e producíronse danos nunha xanela.

Os bombeiros sinalaron ao 112 Galicia que detectaron o foco do lume na entrada da vivenda. O aviso do incendio foi recibido ás 11:00 horas deste domingo a través da chamada dun particular, que xa informou de que ninguén reside na actualidade nesa vivenda. O 112 puxo os feitos en coñecemento dos bombeiros de Vilalba, a Garda Civil e o persoal do Concello.