InicioSucesosUn local de copas que estaba aberto en Lugo enfróntase a unha...

Un local de copas que estaba aberto en Lugo enfróntase a unha multa de ata 30.000 euros

A Policía Local clausurou e desaloxou un bar de ocio nocturno na rúa Tui que, debido ás restricións do estado de alarma, non tiña permitida a súa apertura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo clausurou na madrugada deste xoves un local que se atopaba aberto, con música e con varias persoas no seu interior consumindo bebidas. Ao ser considerado un bar de lecer nocturno, ten prohibida a súa apertura durante o estado de alarma. Por iso, enfróntanse a unha multa de ata 30.000 euros.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron sobre as 2:10 horas, cando efectivos do grupo operativo nocturno da Policía de Barrio detectaron un establecemento na rúa Tui que estaba aberto ao público e no que había música posta e varios clientes.

Os axentes levantaron acta de infracción da Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, que pode levar multas de ata 30.000 euros. Ademais, en aplicación do Real Decreto do estado de alarma procedeuse ao desaloxo e clausura do bar.

ÚLTIMAS

O Concello defende a licitación da xestión do Vello Cárcere e acusa ao PP de “mentir e manipular”

O secretario de Estado, Fernando Martínez, mostrou a súa satisfacción polo resultado do proceso...

Lugo impulsa o mantemento da Muralla no 25 aniversario do seu Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo aprobou na súa xunta de Goberno a licenza que permitirá...

A Garda Civil salva a unha muller desorientada na A-8 en Mondoñedo

A Garda Civil auxiliou a unha persoa que camiñaba desorientada pola noite pola autovía...

Polémica pola licitación do contrato do Vello Cárcere a pesar dos informes de intervención

O Partido Popular de Lugo, con Elena Candia á cabeza, criticou a decisión do...