InicioSucesosMorre un operario tras quedar atrapado baixo unha máquina na Fonsagrada

Morre un operario tras quedar atrapado baixo unha máquina na Fonsagrada

Os servizos de emerxencias seguen na zona do accidente para tentar liberar o corpo do operario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 37 anos (A.D.M) faleceu este sábado na Fonsagrada nun accidente laboral tras quedar atrapado baixo a máquina coa que traballaba.

Así o confirmaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, á vez que aseguraron que os servizos de emerxencias seguen na zona do accidente para tentar liberar o corpo do operario.

Segundo explicou o servizo de emerxencias 061, o suceso produciuse preto das 12,34 horas desta mañá no lugar de Vilarchao deste municipio lugués.

Ata alí desprazouse unha ambulancia asistencial de soporte vital básico de Urxencias Santiarias de Galicia e o persoal do Punto de Atención Continuada da Fonsagrada.

Ademais, o 112 alertou aos Bombeiros de Sarria, que tentan liberar á vítima, e aos efectivos de Protección Civil do municipio e á Gorida Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...