InicioSucesosVeciños da cidade din non poder durmir pola música "que se escoita...

Veciños da cidade din non poder durmir pola música “que se escoita en todo o edificio”

Axentes da Policía Local identificaron dous lucenses, na rúa Otero Pedrayo e na Frai Plácido, que reproducían música a todo volume.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a dous veciños da cidade por infracción á ordenanza de protección ambiental ao escoitar música con volume alto tras as queixas doutros residentes dos inmobles.

Así o informou a Policía Local de Lugo, que relatou que a primeira intervención se produciu sobre as 23:10 horas da noite do 16 ao 17 de abril nunha vivenda da rúa Otero Pedrayo. Un veciño queixábase de que non podía conciliar o sono debido ao ruído que proviña doutro piso.

Ao chegar ao lugar, os axentes comprobaron que desde a rúa “xa se escoitaba música con volume e ton excesivamente alto de voz humana”, polo que se procedeu a identificar a presunto causante dos ruídos.

A segunda intervención realizárona sobre a 1:10 horas nunha vivenda na rúa Frai Plácido onde veciños do edificio tampouco podían durmir por mor do “volume excesivamente alto dun aparello reprodutor de música que se escoitaba perfectamente desde a rúa e en todo o edificio”.

Debido a iso os policías identificaron á persoa causante da “conduta incívica” e pedíronlle que cesase as molestias, tras o que levantaron acta de infracción.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...