InicioSucesosAuxilian un ancián que levaba dous días tirado na súa cociña sen...

Auxilian un ancián que levaba dous días tirado na súa cociña sen poder levantarse

Un forte cheiro a fume procedente do interior da vivenda puxo os veciños baixo alerta, polo que avisaron aos servizos de emerxencia. Tras entrar na casa, comprobaron que tiña unha pota na vitrocerámica, totalmente queimada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O forte cheiro a fume que saía do interior dunha vivenda da Avenida da Coruña, en Lugo, puxo en alerta aos veciños dun ancián de 94 anos que vivía só. Tras avisar aos servizos de emerxencia, estes lograron acceder á casa, onde atoparon o señor tirado e consciente na cociña. Levaba dous días sen poder levantarse.

Segundo informou a Policía Local, os feitos sucederon onte, 6 de abril, á medianoite. Despois da chamada dos veciños, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo accederon en compañía dunha dotación de Bombeiros ao interior do piso para dilucidar a orixe dun forte cheiro a fume.

Un vez dentro, os axentes atoparon tirado no chan da cociña e consciente a un ancián de 94 anos anos de idade, propietario da vivenda, que era incapaz de erguerse. Tamén descubriron que a orixe do fume era unha pota totalmente queimada que estaba sobre a vitrocerámica acesa. Posto que tal cheiro foi percibido polos veciños o día 4 pola noite, a Policía Local sospeita que o “home caeu daquela e non puido levantarse desde entón”.

Despois de prestarlle os primeiros auxilios, os axentes solicitaron axuda ao 061, que se ocupou do seu traslado ao HULA. Posteriormente, foi localizado un familiar do ancián, que vive só, para informalo do sucedido.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...