InicioSucesosUnha muller dá a luz no interior do seu coche en plena...

Unha muller dá a luz no interior do seu coche en plena autovía en Xermade

Uns axentes da Garda Civil observaron o vehículo parado na beiravía da AG-64 e auxiliaron a parella mentres non chegou a ambulancia. Nai e filla atópanse en bo estado de saúde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous axentes da Garda Civil auxiliaron o pasado xoves unha muller que estaba dando a luz en plena autovía AG-64 ao seu paso por Xermade.

Foi o pasado 2 de abril a iso das 19:30 horas. Segundo informou o Instituto Armado, os axentes observaron un vehículo parado na beiravía que chamou a súa atención, polo que se detiveron para comprobar que ocorría. Alí, a parella da muller, “en evidente estado de nerviosismo”, axiña os alertou de que a súa esposa estaba dando a luz no interior do coche.

Os axentes ocupáronse de asistir a nai, xa co seu bebé en brazos, mentres non chegou a ambulancia do servizo de urxencias. No vehículo viaxaba tamén outro fillo da parella. Unha vez chegado alí o persoal sanitario, a Garda Civil escoltou a comitiva ata a saída situada no quilómetro 36, para garantir a seguridade dos intervintes e do resto de usuarios da vía, ao tempo que agardaban por unha ambulancia de soporte vital básico.

Unha vez pasaron a nai e a neonato ao interior do novo vehículo asistencial, foron trasladadas ao hospital Arquitecto Marquide, en Ferrol. Tanto nai como filla atópanse en boas condicións de saúde, segundo informou o pai da criatura á Garda Civil vía chamada telefónica.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...