InicioSucesosIntoxicadas dúas veciñas de Castro de Rei pola mala combustión dunha cociña...

Intoxicadas dúas veciñas de Castro de Rei pola mala combustión dunha cociña de leña

Foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas veciñas do concello de Castro de Rei tiveron que ser trasladadas ao presentar síntomas de intoxicación que foron provocados pola mala combustión dunha cociña de leña.

Dos feitos informou o 112 Galicia este domingo, cando as dúas mulleres foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti –sobre as 06,30 horas– por unha intoxicación de monóxido de carbono.

Foi unha das ocupantes da vivenda a que chamou aos servizos de emerxencia, xa que a familiar que vivía con ela perdera o coñecemento.

Os equipos de intervención acudiron ao lugar do incidente e alí puideron detectar a acumulación nociva de gas no interior do inmoble, que tivo a súa orixe na mala combustión dunha cociña de leña.

Foi o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) o que alertou aos Bombeiros de Vilalba e aos axentes da Garda Civil. Unha vez alí, os membros de servizo de extinción de incendios confirmaron o índice de concentración de monóxido de carbono e procederon a ventilar o inmoble.

Ademais, tamén se informou do sucedido ao persoal da empresa subministradora do gas co fin de realizar as comprobacións que considerasen necesarias.

ÚLTIMAS

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...

Senadores do PP critican que o Goberno “deixe descolgada” a Lugo en materia de proximidade ferroviarias

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Deteñen a un traballador dun centro comercial de Lugo por usar os datos de clientes para as súas compras

A Policía Nacional detivo en Lugo a un empregado dun centro comercial da cidade...

Revés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado por CC.OO. polos pregos do programa ‘Aprende Xogando’

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado por Comisiones...