Home Lugo e contorna Identifican un individuo que causou danos no mobiliario urbano de Lugo cunha pata de cabra

Identifican un individuo que causou danos no mobiliario urbano de Lugo cunha pata de cabra

0
Identifican un individuo que causou danos no mobiliario urbano de Lugo cunha pata de cabra
Banco danado cunha 'pata de cabra' en Lugo.. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo identificaron a un individuo por causar danos no mobiliario urbano da capital luguesa.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron na tarde do pasado día 3. Os axentes procederon a identificar dun individuo como presunto autor dos danos ocasionados nun banco público dos xardíns de García Morato na Praza da Constitución.

O identificado, indicaron as mesmas fontes, causaba estes danos no mobiliario urbano cunha ‘pata de cabra’ -barra metálica-, que foi intervida polos axentes.

+ posts