InicioSucesosUnha muller atemoriza cunha navalla os asistentes a un concerto en Lugo

Unha muller atemoriza cunha navalla os asistentes a un concerto en Lugo

Resisitiuse á súa detención, mesmo no interior do vehículo policial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá detiveron en Lugo a unha muller de 45 anos e veciña da cidade por delito de atentado. A arrestada, que conta con máis de 20 antecedentes, resistiuse ao arresto tras insultar e ameazar os policías que interviñeron debido ás desordes causadas nun concerto no que tirou obxectos aos asistentes.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron a noite do luns, sobre as 2: 00 horas na Praza da Soidade, mentres se celebraba unha actuación musical, onde unha muller alterada, comezou a “ameazar, tirar obxectos e botellas aos alí presentes”.

Por iso, os asistentes avisaron á central do 091, polo que acudiron de inmediato dotacións da Policía Nacional de servizo. Alí, os axentes comprobaron que a muller, que portaba unha navalla de 15 centímetros na man, “estaba claramente alterada, ameazaba a todos os asistentes ao concerto e arroxaba calquera obxecto que tivese preto dos actuantes e demais persoas”, relataron as mesmas fontes.

Deste xeito, procederon á inmovilización da muller, mentres esta profería insultos e ameazas aos policías. Ademais, mostrou “unha forte resistencia á detención”, engadiu a Policía, que sinalou que tamén durante o trasladado ás dependencias da Policía Nacional na rúa Chantada golpeou de forma continua nos cristais e biombo do vehículo policial.

Esta muller xa causara diversas intervencións á primeira hora da noite na praza Constitución e cortado o tráfico na Avenida da Coruña, sinalou a Policía Nacional. As dilixencias foron trasladadas á autoridade xudicial, a cuxa disposición foi posta a detida.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...