InicioSucesosArde unha oficina tras reavivarse un incendio mal apagado en Vilalba

Arde unha oficina tras reavivarse un incendio mal apagado en Vilalba

As chamas que danaron este domingo un almacén en Vilalba volveron prender na mañá deste luns. Non houbo que lamentar feridos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio que afectou este domingo a un almacén en Vilalba reavivouse na mañá deste luns e afectou a unha oficina do local que ardeu por completo. Con todo, non houbo que lamentar feridos. Segundo informou o 112 Galica, foi unha persoa particular a que alertou dos feitos ao servizo de emerxencias pasados uns minutos das 7:15 horas deste luns.

Tras iso, o CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil. Unha vez sufocado o incendio, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da localidade permaneceron no almacén para revisar as zonas afectadas.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...