Home Lugo e contorna Lugo Un incendio nun almacén con material combustible dana o baixo dunha vivenda en Vilalba

Un incendio nun almacén con material combustible dana o baixo dunha vivenda en Vilalba

0
Un incendio nun almacén con material combustible dana o baixo dunha vivenda en Vilalba
Consorcio Provincial de Bombeiros

Os servizos de emerxencias apagaron un incendio orixinado nun almacén de Vilalba que gardaba material combustible. As chamas afectaron o baixo da vivenda adxunta, aínda que afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informa o 112 Galicia, foi un familiar dos propietarios da vivenda quen, ao redor das 10:30 horas da mañá do domingo, alertaba á central de emerxencias do ocorrido e solicitaba axuda. Tal e como relataba este familiar, os residentes da casa, situada na parroquia de San Lorenzo de Árbol , atopábanse fóra no momento dos feitos.

O incendio, orixinado no almacén, alcanzou “unha forte carga térmica debido ao tipo de materiais almacenados”, que eran combustibles e produtos inflamables, indica o 112.

O servizo de emerxencias solicitou a intervención dos bombeiros de Vilalba e de Barreiros, así como de Protección Civil. Unha vez no lugar dos feitos, tardaron cinco horas en sufocar as chamas.

Tamén interviñeron a Garda Civil e a Policía Local, mentres que o 112 avisou por precaución aos efectivos da Central de Incendios Forestais da zona.

+ posts