InicioSucesosDetido un mozo por roubar en máquinas expendedoras e resistirse ao arresto

Detido un mozo por roubar en máquinas expendedoras e resistirse ao arresto

O individuo foi interceptado pola Policía cando estaba "golpeando e causando desfeitas nos portais da rúa Camiño Real".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada Provincial de Seguridade Cidadá detiveron un home de 35 anos por un delito de roubo con forza en máquinas expendedoras e atentado a axente da autoridade por resistirse ao arresto e ao traslado a comisaría.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron no Día de Reis sobre as 17,00 horas cando un cidadán propietario dunhas máquinas expendedoras situadas na rúa Camiño Real se puxo en contacto a través da sala do 091 para comunicar que observara nas cámaras de gravación que vixían a zona como un home de complexión normal e uns 40 anos golpeara os cristais de protección e as caixas das maquinas.

Unha vez se personaron as dotacións de Radiopatrullas no lugar, o autor xa non estaba, pero, coa “clara descrición” achegada e as imaxes mostradas polo propietario do establecemento, froito das gravacións realizadas durante o intento de roubo, explicou a Policía, púxose en marcha un dispositivo para a localización do autor.

Ao mesmo tempo, avisaron dos feitos á Brigada de Policía Científica para realizar o informe pericial do lugar xa que, entre outras probas, na zona había “moitos cristais manchados de sangue”, concretaron as mesmas fontes.

Minutos despois recibiuse outra chamada na sala operativa do 091, nesta ocasión dun familiar do comerciante anteriormente prexudicado que manifestou que o autor dos danos e roubo anterior se atopaba “golpeando e causando desfeitas nos portais da mesma rúa“, sinalou a Policía. Como había dotacións no lugar, o individuo foi interceptado “de inmediato”, destaca a Policía.

Os policías procederon á súa identificación e detención tras ser recoñecido “sen ningún xero de dúbidas como autor de roubo con forza nas máquinas expendedoras”, subliñaron as mesmas fontes.

“MOI AGRESIVO”

No momento que é introducido no vehículo policial, o detido arremeteu “de forma contundente e moi agresiva”, asegura a Policía, contra os funcionarios de policía que procedían á súa detención. Deste xeito, tivo que ser reducido para poder trasladalo a dependencias policiais. Durante este traslado continuou “coa actitude agresiva golpeando e causando danos no interior do vehículo policial”, asegurou a Policía.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...