InicioSucesosDetido un traballador por darlle un cabezado ao seu ex xefe

Detido un traballador por darlle un cabezado ao seu ex xefe

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un home de 30 anos por un delito de lesións graves por agredir á súa ex xefe dun cabezazo.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado día 12 ao mediodía nunha cafetaría da Rolda da Muralla, cando o mozo se dirixiu ao que fora o seu xefe ata hai dous meses nunha empresa de transportes da cidade cando ambos se atopaban no interior do local.

Cando se estaba xerando “bastante escándalo”, indican as mesmas fontes policiais, “para non interferir nos demais clientes do local, decidiron saír fora para continuar coa discusión”. Unha vez na rúa o agora denunciante e agredido recibiu un forte golpe na cabeza, destaca a Policía, propinado polo detido, que lle fixo caer ao chan. Ademais, indicou que lembraba unicamente que os demais transeúntes que se achegan ao lugar “advírtenlle de que estaba a sangrar abundantemente pola cabeza“, engade.

Ao lugar acudiu unha dotación de Radiopatrullas da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, que solicitou información para o esclarecemento dos feitos, xa que o agredido fora trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo. O detido quedou en liberdade, advertido da obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requirido, mentres que as dilixencias foron remitidas ao xulgado de Instrución en funcións de garda.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...