InicioSucesosUn trailer en plena marcha perde o seu remolque na Autovía do...

Un trailer en plena marcha perde o seu remolque na Autovía do Noroeste á altura de Pedrafita

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un dos carrís de circulación da Autovía do Noroeste (A-6) no túnel de Pedrafita do Cebreiro, en sentido A Coruña, permanece cortado ao tráfico debido a que un camión, en plena marcha, perdeu o remolque do que tiraba a cabeza tractora, como consecuencia dunha avaría.

O accidente produciuse pasadas o once da mañá, á altura do quilómetro 431, en pleno túnel de Pedrafita do Cebreiro, cando o camión circulaba en sentido A Coruña.

Afortunadamente, a pesar do aparatoso que foi o sinistro, non houbo que lamentar danos persoais, porque nese momento ningún outro vehículo circulaba por detrás do camión, segundo explicaron fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil.

O carril dereito da autovía permanece pechado e o lugar no que quedou tirado o remolque debidamente sinalizado por parte da Garda Civil, á espera de que se produza a retirada do mesmo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...