InicioSucesosUnha agresión ao dono dunha inmobiliaria sáldase cun home detido e o...

Unha agresión ao dono dunha inmobiliaria sáldase cun home detido e o seu fillo investigado

Os presuntos agresores atacaron ao dono da inmobiliaria por non conseguirlles un piso en aluguer na cidade de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home e investigan ao seu fillo como presuntos autores dunha agresión ao dono dunha inmobiliaria situada na zona da Residencia da cidade de Lugo por non conseguirlles un piso de aluguer.

Segundo informou a Policía Nacional, o pasado 28 de outubro a sala do 091 recibiu unha alerta de que agredían a unha persoa na vía pública. Efectivos de Radiopatrullas da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá comprobaron que o titular dunha inmobiliaria acaba de ser agredido polos membros dunha familia, xa que nos lles conseguía un piso en aluguer.

O agredido formalizou denuncia na Oficina de Atención o Cidadán da Comisaría Provincial polos negróns que presentaba en distintas partes do corpo, debido á agresión sufrida por un home de 59 anos e o seu fillo, “por non atoparlles un piso que se axustase aos seus requisitos”, indicaron as mesmas fontes.

O denunciante indicou que, despois dunha procura dese inmoble, e unha vez atopado un, púxose a disposición dos requirentes, que “non deron visos de querelo e non se personaron no lugar, polo que a propiedade debido á informalidade demostrada, declina o arrendamento“, indicou a Policía.

Días mais tarde presentouse na inmobiliaria a esposa do agresor “dicindo ao xestor que ten que atopar un piso, que o seu marido está moi alterado pola situación“. De feito, o home acode ao lugar xunto co seu fillo de 25 anos e a súa filla de 19, que tratou de paralos.

Despois dunha breve conversación, entre o pai e o fillo “comezan a agresión física sobre o propietario da inmobiliaria”, describe a Policía, que se salda coa rotura das lentes que valora en 600 euros, tamén do teléfono móbil e do teclado do computador, que golpean contra a mesa.

Ademais, subtraéronlle o diñeiro que portaba, uns 45 euros, á vez que a vítima bota en falta outros 150 euros que tiña no caixón do escritorio. Pola agresión e roubo foi detido o pai e investigado polos mesmos delitos o fillo, que se procedeu a localizar, sinalou a Policía. De todo iso foi informado o xulgado de garda.

ÚLTIMAS

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...