InicioLugo e contornaLugoDetidos dous mozos por senllas agresións na zona monumental de Lugo

Detidos dous mozos por senllas agresións na zona monumental de Lugo

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous individuos en Lugo por senllas agresións ocorridas na zona monumental da capital luguesa. A un deles cónstanlles 11 antecedentes anteriores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous individuos en Lugo por senllas agresións ocorridas na zona monumental da capital luguesa. A un deles cónstanlle 11 antecedentes.

Segundo informou a Policía Nacional, en ambos os casos os arrestos producíronse despois dunha primeira actuación de efectivos da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá e a posterior intervención da Brigada de Policía Xudicial, quen realizou as investigacións e comprobacións a efectos de identificación e localización do autor da agresión dun deles.

Un dos detidos, un home novo “con innumerables antecedentes por distintos feitos”, destacou a Policía, a pasada madrugada “viuse involucrado nunha pelexa e desavinzas nos locais de lecer da zona centro”, onde lle teñen prohibida a entrada, relataron as mesmas fontes policiais.

Por iso, foi requirida a presenza das dotacións de Policía Nacional, que desprazou tres dotacións ás que, unha vez falan co requirente, lles manifesta o sucedido.

Así, unha vez localizan e identifican ao detido, este “mostra manchas de sangue en diversas partes da súa roupa”, sinala a Policía, que o mozo atribúe a unha pelexa no parque de Rosalía de Castro. O mozo, “nun estado moi alterado e agresivo cara aos policías”, profire, destacan as mesmas fontes, “insultos e ameazas de diversa índole”. Por iso, despois de tratar de acougalo e tranquilizalo, finalmente é detido por un delito de atentado a axente da autoridade.

SEGUNDO ARRESTADO

Doutra banda, foi detido outro mozo por uns feitos ocorridos a principios do mes de agosto, onde xa interviñeran dotacións da Brigada de Seguridade Cidadá, xa que a vítima fora agredida por outra persoa, a cal a agarrou por detrás e tirado ao chan, debido ao que perdeu a consciencia e sufriu unha fenda na cabeza, tras o que foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Con todo, a vítima non presentou denuncia ata o pasado xoves. Entón, funcionarios da Unidade de Delincuencia Organizada e Delitos especialmente Violentos (UDEV), co nome de pila achegado polo agredido, e demais datos que obran en arquivo da Comisaría de Lugo da intervención de Seguridade Cidadá do día dos feitos, localizaron ao autor e procederon á súa detención. De todo iso foi informado o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...