InicioSucesosDous investigados en Lugo por conducir borrachos

Dous investigados en Lugo por conducir borrachos

Un deles tivo un accidente de tráfico

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor que obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia tras estar implicado nun accidente de tráfico este fin de semana en Lugo foi investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, na noite do venres 27 de setembro, como consecuencia dun accidente de circulación na Avenida Infanta Elena, detectouse a un condutor implicado con “síntomas de embriaguez“.

As mesmas fontes indicaron que, ao ser sometido ás probas de alcoholemia, obtivo resultado positivo de 0,80 miligramos por litro de aire expirado. Por iso foi investigado por un delito contra a seguridade viaria.

Mentres, á primeira hora da mañá do 29 de setembro unha patrulla detectou un vehículo que circulaba pola rúa Montefaro en zig-zag. Por iso, axentes procederon a darlle o alto e comprobaron que o condutor presentaba “síntomas de embriaguez.

Por iso foi sometido ás probas de detección alcohólica, nas que obtivo resultado de 0,77 miligramos por litro de aire, polo que se instruíron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...