InicioLugo e contornaIdentifican tres persoas por causar danos no recinto do 'Caudal Fest' en...

Identifican tres persoas por causar danos no recinto do ‘Caudal Fest’ en Lugo

Durante os días de celebración deste festival, en Lugo levantáronse tres actas de infracción a locais por incumprimento da normativa en espectáculos públicos e actividades recreativas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou este fin de semana a tres persoas por causar danos no recinto do ‘Caudal Fest’, que este venres e sábado celebrou a súa segunda edición. Segundo informou a Policía Local nun comunicado, con motivo do ‘Caudal Fest’, o último gran festival que se celebra no verán en Galicia, estableceuse un “dispositivo especial” de “presenza permanente” de patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio nas tardes e noites dos días 20 e 21.

Unha vez finalizado o festival, a vixilancia reforzábase no centro da cidade “á que chegou unha cantidade importante de persoas”, destacaron as mesmas fontes municipais. “O festival, en liñas xerais, desenvolveuse con normalidade”, destacou a Policía Local de Lugo, que identificou a tres persoas que causaron danos no mobiliario do recinto do ‘Caudal Fest’.

Ademais, durante os días de celebración deste festival, en Lugo levantáronse tres actas de infracción a locais por incumprimento da normativa en espectáculos públicos e actividades recreativas. Tamén axentes municipais auxiliaron a dúas persoas que estaban tiradas na vía pública con “síntomas de embriaguez” e requiríronse os servizos do 061.

CONDUTORES EBRIOS

Así mesmo, a Policía Local de Lugo nos diferentes filtros de seguridade viaria establecidos formulou denuncias por infracción á lei de seguridade viaria e detectou dous condutores con síntomas de conducir baixo o efecto de bebidas alcohólicas.

En concreto, obtiveron resultado positivo de 0,54 e 0,51 miligramos por litro de aire expirado, respectivamente. Ambos foron denunciados cunha multa de mil euros e a retirada de seis puntos do seu permiso de conducir.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...