InicioSucesosLocalizan 30 quilos de haxix, a maior incautación desta droga no que...

Localizan 30 quilos de haxix, a maior incautación desta droga no que vai de ano en toda a provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional de Lugo informaron á detención dun home acusado dun delito contra a saúde pública que transportaba 30 quilos de haxix.

A detención produciuse na zona do Polígono Industrial do Ceao, durante o transcurso dun dispositivo policial de prevención da delincuencia, establecido tras ter información de posibles rutas empregadas por vehículos usados para o transporte de drogas na cidade.

Tras dar o alto a un vehículo, os axentes comprobaron que o seu ocupante presentaba síntomas de gran nerviosismo, polo que decidiron rexistrar o coche. No maleteiro, localizaron dúas bolsas de deportes que contiñan 30 paquetes de haxix, polo que procederon á detención do individuo.

O detido é un home español de 39 anos e sen antecedentes, que foi posto a disposición xudicial, determinándose se ingreso en prisión. Esta é a maior incautación desta droga no que vai de ano na provincia de Lugo, informou o corpo.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...