InicioSucesosIdentificadas dúas mulleres por roubar carteiras no mercado de Frigsa

Identificadas dúas mulleres por roubar carteiras no mercado de Frigsa

Tras cachear a unha delas, os axentes acharon entre as súas pertenzas unha carteira con diversa documentación e 200 euros, posteriormente devoltos á propietaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional identificaron a dúas mulleres de 60 e 47 anos de idade por estar supostamente relacionadas co furto de carteiras no mercadillo de Frigsa, en Lugo.

Segundo informou a Policía Nacional, uns axentes camuflados de paisanos detectaron o pasado venres 2 de agosto, á media mañá, a presenza dunha muller de máis de 60 anos que tentaba furtar carteiras ou obxectos ás persoas do lugar. Sabedores de que “nunca actúan soas”, os axentes esperaron a presenza doutro colega. “Efectivamente, nun momento da mañá, contacta con outra muller á que lle dá algo para que o oculte entre as súas roupas. A paso rápido abandona o mercadillo”, relataron as mesmas fontes.

Así, foi posible interceptala nunha rúa adxacente. Unha vez identificada, foi sometida a un cacheo e os axentes acharon entre as súas pertenzas unha carteira con diversa documentación e 200 euros, que lle foron devoltos á súa dona. Do mesmo xeito, os policías tamén descubriron varios fulares e puchas que lles permitirían “cambiar de aspecto” para “dificultar” o feito de ser recoñecidas por terceiras persoas.

Con antecedentes penais por feitos similares, estas mulleres “están especializadas no roubo de carteiras e outros obxectos que se adoitan portar en petos ou bolsos, sen violencia e coa habilidade necesaria” para non ser cachadas coas mans na masa, destaca a Policía Nacional.

Neste operativo interviñeron axentes do Grupo Operativo de Resposta (GOR) e da Brigada de Seguridade Cidadá.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...