InicioSucesosA nai da vítima do Chucán pide que o asasino sexa ingresado...

A nai da vítima do Chucán pide que o asasino sexa ingresado nun centro cando saia de prisión

A posta en liberdade de José Carnero Fernández está prevista para este mes, tras sete anos no cárcere por matar unha rapaza que traballaba nun club de alterne en Ourense

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nai de Pilar Palacios, a muller asasinada por José Carnero Fernández, coñecido como o Chucán, pediu que o home ingrese nun centro tras a súa saída de prisión.

En concreto, a posta en liberdade do Chucán está prevista ao longo deste mes. Cumpriu a condena de dez anos de cárcere que lle impuxo a Audiencia Provincial de Lugo por matar a Pilar Palacios, unha muller que traballaba nun club de alterne de Ourense.

O crime ocorreu en setembro de 2007 cando Carnero Fernández a foi buscar a Ourense e a levou a Arxemil, en Sober. O cadáver apareceu na cuadra do inmoble con múltiples golpes propinados cunha maza e un machada.

Por estes feitos, o Chucán tivo que ser xulgado en dúas ocasións, xa que o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) anulou o primeiro veredicto dun xurado popular que o eximía do crime. O inculpado permaneceu 42 meses en prisión preventiva. A ese tempo sumáronselle os sete anos e medio que estivo no cárcere tras o segundo veredicto.

Tránsito Caballero, nai da vítima, sostén que “ve mal” a saída do cárcere do Chucán, ao lembrar que é a “persoa que lle fixo dano” á súa filla e que “que non está ben da cabeza” polo que “debería de estar nun centro recollido”. “Vaise ver na rúa e non sei se o volverá a facer, esperemos que non”, advirte.

Tránsito Caballero tampouco esconde que lle supuxo un “desgusto” a noticia da posta en liberdade. “Para min é un desgusto porque me gustaría que continuase (no cárcere) o resto da súa vida”, manifestou. Namentres, di, ela vai ter esa dor “toda a vida”. “A pena non ma quita ninguén. Aínda que aprendes a vivir, a pena vai quedar comigo o resto da miña vida”, sinalou para pedir que “Deus” lle dea “o seu merecido ao Chucán”. “A ver se lle dá por tirarse por un barranco, que Deus o perdoe!, eu non o podo perdoar”.

ÚLTIMAS

Sabías que non sempre se comeu polbo no San Froilán?

O San Froilán de Lugo cheira a choiva miúda, mantas, orquestras... e polbo! Pero ese...

Falece un home tras atragoarse nun restaurante de Vilalba

Un home faleceu tras atragoarse cando se atopaba comendo nun restaurante do municipio lucense...

Evacuada en helicóptero unha persoa tras recibir un disparo nunha perna durante unha xornada de caza en Becerrá

Unha persoa tivo que ser trasladada en helicóptero ao Hospital Lucus Augusti (HULA) tras...

Seis persoas están observación no HULA tras intoxicarse con deterxente nunha pulpería durante o San Froilán

Seis persoas foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti (HULA) tras intoxicarse cun café contaminado...