Home Lugo e contorna Alerta laranxa por treboadas no centro e na Montaña de Lugo

Alerta laranxa por treboadas no centro e na Montaña de Lugo

0
Alerta laranxa por treboadas no centro e na Montaña de Lugo
Mapa de alerta laranxa por treboadas este xoves 4 de xullo. 112 GALICIA

A Xunta activará a partir das primeiras horas da tarde deste xoves a alerta laranxa por treboadas nas zonas de Montaña e do centro da provincia de Lugo.

No sur de Lugo e A Mariña, así como no noroeste e o interior da Coruña, estará activado o nivel amarelo. As treboadas poderían ir acompañadas de choivas, sarabia e refachos de vento forte.

Por este motivo, co fin de garantir a seguridade, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos e provincias afectadas, Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Desta forma, espérase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Desde a Xunta aconsellan extremar as precaucións e consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

+ posts