InicioLugo e contornaLugoDetidos tres homes por catro roubos en domicilios en Lugo

Detidos tres homes por catro roubos en domicilios en Lugo

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a tres homes pola comisión de catro roubos en domicilios de Lugo entre os días 15 e 18 de maio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a tres homes pola comisión de catro roubos en domicilios de Lugo entre os días 15 e 18 de maio.

Segundo informou a Policía Nacional, os detidos, de idades comprendidas entre 24 e 30 anos, chegaron a España para traballar no sector da madeira, sendo a ligazón do traslado en España outro compatriota seu do gremio madeireiro.

O ‘modus operandi’ utilizado para acceder ás vivendas, relata a Policía, “era a forza (escalo, fractura de porta, de xanela)” para subtraer do interior das viviviendas diversa maquinaria, como radiais, trades, maquinaria de xardinaría, bombonas de butano, bebidas, comestibles e outros efectos.

Mesmo chegaron a subtraer nunha das vivendas forzadas un vehículo do garaxe –un Volkswagen Golf--, o cal era utilizado para a carga dos efectos roubados e os seus desprazamentos nocturnos ás vivendas forzadas.

En dous dos roubos os autores foron sorprendidos ‘in fraganti’ polos moradores das vivendas, onde “nun deles, o propietario, foi empuxado con violencia para conseguir fuxir cos efectos subtraídos do interior”, indica a Policía. No momento da detención, o tres homes ían no interior do vehículo subtraído e interviñéronselles numerosos obxectos froito dos roubos.

Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Monforte de Lemos (Lugo), que decretou o ingreso en prisión de dous deles e o terceiro quedou en liberdade con medidas cautelares.

A intervención levouna a cabo o Grupo Local de Policía Xudicial e Grupo Local de Seguridade Cidadá da Comisaría Local de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...