InicioLugo e contornaO 45% dos feridos graves en accidentes en Lugo durante os dous...

O 45% dos feridos graves en accidentes en Lugo durante os dous últimos anos son peóns, ciclistas e motoristas

"Os usuarios en situación de vulnerabilidade, teñen máis probabilidade de verse implicados nun accidente de tráfico ou de resultar mortos ou feridos a consecuencia do mesmo", explicou a Garda Civil nun comunicado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e o Subsector de Tráfico da Garda Civil poderán en marcha este luns 20 nas estradas lucenses unha campaña de sensibilización para mellorar a protección dos peóns, ciclistas e motoristas, usuarios máis vulnerables nas estradas, que representaron máis do 45% dos feridos graves en accidentes de circulación durante os dous últimos anos.

Esta iniciativa, que acabará o venres día 24 de maio, enmárcase dentro da Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020, no que se fixou como unha das prioridades a “protección dos usuarios máis vulnerables”, co fin de dar resposta a un dos focos de accidentalidade identificados.

“Os usuarios en situación de vulnerabilidade son aqueles cidadáns que por diferentes circunstancias, ben polas súas características físicas ou ben polo medio de desprazamento empregado, teñen máis probabilidade de verse implicados nun accidente de tráfico ou de resultar mortos ou feridos a consecuencia do mesmo”, explicou a Garda Civil nun comunicado.

O concepto tamén inclúe aos peóns en xeral (nenos, adolescentes, novos, adultos, maiores e persoas con mobilidade reducida), así como a ciclistas e motoristas.

MEDIDAS

Por iso, a DXT pon en marcha en Galicia esta campaña de sensibilización cun dobre obxectivo: “por unha banda, concienciar a peóns, ciclistas e motoristas sobre a súa vulnerabilidade na estrada e lembrar a necesidade de facerse visibles con elementos e pezas reflectoras” e por outro, “búscase sensibilizar aos demais usuarios da vía sobre a elevada exposición ao risco destes usuarios“.

Desta maneira, os axentes de Tráfico repartirán elementos reflectores a peóns na estrada, así como trípticos a ciclistas, motoristas e condutores coas normas e recomendacións para ambos.

A Garda Civil lembrou a necesidade de reducir ou moderar a velocidade ao pasar por un usuario vulnerable, prestar “especial atención” en cruces e xiros, mirar polos espellos retrovisores para confirmar a posible presenza de ciclistas e motoristas, usar os intermitentes con antelación suficiente, así como respectar a distancia lateral de polo menos 1,5 metros ao adiantar a un ciclista ou peón.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...