InicioSociedadeOnce empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

O desdobramento entre Nadela e A Pobra de San Xiao podería comezar este mesmo ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía que unirá Lugo e Sarria, a AG-22, cun investimento de 37,7 millóns de euros. Segundo detallou o Executivo galego nun comunicado, son as obras do segundo e último tramo da autovía, correspondente ao desdobramento do tramo Nadela-A Pobra de San Xiao.

Desta forma, os traballos contarán cun prazo de execución de 36 meses e a previsión é poder iniciar as obras este mesmo ano. A intervención permitirá actuar nun tramo de 13,5 quilómetros, que se inicia na glorieta de Nadela e finaliza na ligazón da Pobra de San Xiao, xa en servizo. Entre as intervencións previstas atópanse as ligazóns do Corgo e Maceda, un cruzamento de vía baixo a autovía A-54, a execución de dous viadutos no río Chamoso e no de Neira ou a ampliación de 13 pasos superiores e sete inferiores.

ÚLTIMAS

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

As enmendas do PP de Lugo ao orzamento expoñen execución de obras pendentes e pagos anticipados

O Partido Popular de Lugo presentou este luns un conxunto de emendas aos orzamentos...

Comedor escolar na aula móbil do Colexio Fingoi 2

A Escola de Educación Infantil Fingoi 2 de Lugo ofrece desde hoxe o servizo...

O PPdeG esixe á Deputación acelerar a reconstrución da ponte de Navia

Os deputados provinciais do PPdeG, Antonio Ameijide e Jesús Núñez, xunto ao voceiro do...