InicioSociedade11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

O xurado dará a coñecer o fallo deste certame, que convocan o a Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, o vindeiro vindeiro venres 6 de febreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), vén de contabilizar e facer públicas todas as candidaturas rexistradas para concorrer á vixésimo sexta edición do galardón.

CANDIDATURAS

1-Cátedra do Pan e do Cereal.

2-Embutidos Suarna.

3-Da Escola á Granxa. Proxecto da Área de Rural de Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

4-Gandería Quintián.

5-Belacolmea-Innovar dende a colmea.

5-Hifas da Terra.

6-Soc. Coop. O Rodo.

7-Ecogranxa de Riomouro.

8-Vacantes.gal

9-Bico de Xeado.

10-AZ-Agro.

O XURADO

Estará formado polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; a presidenta de Aresa, Carlota López Pardo; a CEO de Granja Campomayor, María García Busto; e o catedrático de Química Analítica, Carlos Herrero Latorre.

O proxecto gañador, que partirá da decisión do devandito xurado, farase pública o vindeiro venres 6 de febreiro nun acto que terá lugar ás 12:30 h na sala de prensa do Pazo de Montenegro da cidade de Lugo.

    O galardón está dotado con 10.000 euros e un diploma de mérito.

    + posts

    ÚLTIMAS

    Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

    O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

    O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

    O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

    Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

    O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

    O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

    O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...