InicioSociedadeO lucense Alejandro Álvarez, 'Mellor Condutor de Autocares 2025' na categoría Mundo...

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

Na devandita feira, organizada en Silleda, presentáronse ao concurso 70 condutores e condutoras de distintos puntos de España, como Galicia, Castela e León, Cantabria, Madrid, Valencia ou Canarias, e tamén de Portugal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar en Silleda do 20 ao 22 de novembro. Dentro desta cita o lucense Alejandro Álvarez Méndez alzouse co premio Mellor Condutor de Autocares 2025 nas categorías de Mundo, Europa e España. Este profesional, que conseguiu 658 puntos, desenvolve a súa actividade na empresa Aubesa. Non puido estar presente sendo unha compañeira da mesma empresa, a cal recolleu os títulos no seu nome.

O segundo posto na categoría Mundo foi para Sergio Pérez, traballador en Autocares Iglesias (Vigo), que alcanzou 613 puntos. O terceiro lugar conseguiuno Fernando Gesto, que exerce a súa actividade en Autos Carballo (Lugo) e obtivo 610 puntos.

Esta edición, a primeira con categorías internacionais, contou finalmente coa participación de preto de 70 condutores e condutoras de distintos puntos de España, como Galicia, Castela e León, Cantabria, Madrid, Valencia ou Canarias, e tamén de Portugal. Todos eles realizaron un exame de coñecemento e diversas probas nas que tiveron que mostrar a súa habilidade, anticipación, suavidade e hábitos, entre elas slalom por diante e por detrás, diana de precisión, cambio de carril, cálculo de paso estreito e de altura, aparcamento lateral, suavidade en freadas e aceleracións ou posición das mans ao volante.

Fixérono nun circuíto deseñado especialmente para iso situado no recinto feiral e en vehículos da marca MAN equipados coa tecnoloxía e seguridade máis avanzada do mercado. Os técnicos e formadores da empresa TECE encargáronse do deseño do circuíto, realización das probas e valoración de candidatos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...