InicioSociedadeO recinto feiral de San Froilán contará con caseta de lactación, punto...

O recinto feiral de San Froilán contará con caseta de lactación, punto violeta e haberá unha hora sen ruídos pola tarde

A Banda de Música recuperará o día 9 a súa actividade habitual cun concerto na Praza Maior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, informou da aprobación en Xunta de Goberno do Plan de Autoprotección das festas de San Froilán, que recolle as medidas de seguridade a aplicar tanto no recinto feiral como nos espazos onde se celebrarán os concertos e actividades programadas. Entre as iniciativas adoptadas destaca a instalación dunha caseta de lactación situada á entrada do Parque Rosalía de Castro. Este espazo estará habilitado para que as nais poidan aleitar aos seus fillos, contando con asentos adecuados e cambiadores para bebés.

O programa inclúe ademais a iniciativa da “hora sen ruídos”, que se aplicará todos os días das festas entre as 17:00 e as 18:00 horas. Durante ese tempo reducirase o nivel de decibeis no recinto, co fin de facilitar a participación de persoas que presentan dificultades para gozar de contornas con exceso de ruído. No relativo ao acceso aos concertos, todos os escenarios e espazos de actuacións contarán con zonas reservadas para persoas con discapacidade, garantindo así a accesibilidade e a igualdade de goce das actividades.

Así mesmo, en colaboración coa asociación Raiolas, poranse a disposición de quen os necesite cascos antirruido, especialmente dirixidos a persoas con autismo ou sensibilidade auditiva. Estes poderán retirarse e devolverse na caseta de turismo situada na praza Maior. Por último, anunciouse a instalación dun Punto Violeta os días 4, 5, 10, 11 e 12 de outubro, entre as 21:00 e as 02:00 horas, na praza de Fernando de Casas Novoa, na parte posterior da Praza Maior, co obxectivo de atender e acompañar a posibles vítimas de violencia machista ou situacións de acoso.

O colectivo de taxistas de Lugo tamén participará no dispositivo de seguridade, colaborando na prevención, detección e atención de posibles condutas anómalas ou situacións de risco nas rúas, así como na asistencia ás vítimas e, se fose necesario, no aviso aos servizos de emerxencia correspondentes. Engadiu tamén a concelleira outra actuación ao programa de San Froilán, que contará o día 9, ás 19.00 horas, coa actuación da Banda de Música no Fornelo da Praza Maior. Recupéranse así os concertos da banda, que fará un programa especial para este día de festa. Tal e como dixo a concelleira, tratarase do arranque dunha actividade que terá continuidade no tempo, “agora que ten novo director”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...