InicioLugo e contornaCastroverdeA Deputación investirá máis de medio millón de euros en vías de...

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en vías de Castroverde

Nesta ocasión, o groso dos investimentos irán para o concello de Castroverde, a través de dúas accións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas investimentos por máis de 500.000 euros dirixidos ao mantemento da rede viaria provincial. Así o comunicou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, tras a reunión celebrada no Pazo de San Marcos.

Nesta ocasión, o groso dos investimentos irán para o concello de Castroverde, a través de dúas accións. Por unha banda deuse luz verde a un acordo de colaboración de case 300.000 euros, mentres o resto do orzamento, ata alcanzar preto de 600.000 euros, asumirao o concello para executar seis actuacións.

Entre elas inclúese a rexeneración do firme en catorce accesos a núcleos de parroquias dispersas e melloras na evacuación de pluviais. Neste caso as parroquias beneficiadas serán Bolaño, Vilabade, Riomol, Masoucos, Pumarega, Furís de Abaixo, Porcín, Páramo, San Paio de Arcos, Moreira e Montecubeiro. Ademais, actuarase no pavimento do Couso, Espasande, O Latadal, Outeiro, San Paio e Moreira.

Así mesmo, prevense melloras en accesos a localidades como Furís de Arriba, Ou Latadal ou Miranda así como nos núcleos de Tórdea, Espasande, Outeiro e San Xuliana.

Tamén se investirá en Miranda no acceso e na recuperación dun espazo próximo a unha fonte protexida e na extensión da rede de auga a Covelas. Complétase a actuación coa mellora do camiño agrícola de Valiña, en Montecubeiro.

En materia de estradas, adjudicron por case un millón de euros e para o período 2025-2027 o lote 8 do contrato de conservación e mantemento de estradas provinciais, unha rede que, con máis de 4.200 quilómetros, continúa sendo unha das máis extensa de España. Este lote afecta aos concellos de Castro de Rei, Pol e Meira.

RIBEIRA SACRA

Por outra banda, a Deputación anunciou que destinará fondos a un proxecto de dixitalización para o Consello Regulador do D.O. Ribeira Sacra durante 2025.

Entre as medidas previstas atópanse a instalación de 12 estacións meteorolóxicas portátiles, unha por cada concello con viñedos, e un sistema integral de xestión dixital da denominación de orixe baseada no software ANAWIN, que incluirá unha app de cata dixital e firma electrónica para as adegas.

Mentres a portavoz do goberno, Pilar García Porto, destacou que este proxecto contribuirá a “a modernización do sector vitivinícola, o que contribúe non só á economía local, senón tamén á conservación do noso patrimonio cultural, natural e ao asentamento da poboación no medio rural”.

Por último, aprobouse o trámite final para o pago de 30.000 euros en subvencións a cinco entidades dentro do Programa de Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, beneficiando a comunidades de montes veciñais e agrupacións de veciños de Adai, no Corgo; Pumares, San Román e Cervela, no Incio, e Pousanova, en Ribas do Sil.

Con estas actuacións, a Deputación continúa anunciando investimentos, aínda que parte da cidadanía reclama que se prioricen proxectos estratéxicos de impacto real e unha xestión máis áxil que permita reverter a perda de poboación, as dificultades de acceso e a falta de oportunidades no rural lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...