InicioSucesosNove meses de prisión por difundir en Whatsapp vídeos de contido sexual...

Nove meses de prisión por difundir en Whatsapp vídeos de contido sexual da súa exmoza

O mozo recoñeceu os feitos e deberá indenizar á exmoza con 6.000 euros por danos morais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de Lugo aceptou unha condena de nove meses de prisión por difundir por Whastsapp varios vídeos de contido sexual que a súa exmoza compartira con el cando tiñan unha relación.

Os feitos, xulgados como un delito de descubrimento ou revelación de segredos, foron recoñecidos polo acusado na segunda vista que se celebrou sobre este caso, no Penal Número de 2 de Lugo, xa que este non acudiu á primeira.

Aínda que nun principio pedíanselle doce meses de prisión, rebaixóuselle a pena pola aceptación do delito e ademais impúxoselle unha indemnización á moza de 6.000 euros polos danos morais ocasionados.

Os feitos tiveron lugar no ano 2021, cando a vítima tiña 19 anos e o acusado 22. Mantiveron durante un mes unha relación íntima, no transcurso da cal ela lle remitiu seis arquivos de vídeo e tres fotografas nas que aparecía espida e en actitude explicitamente sexual e unha vez rota a relación el difundiunos por Whatsapp a outra persoa.

Xa que o mozo carecía de antecedentes penais, aplicóuselle a norma de suspensión da pena de cárcere coa condición de que non volva delinquir en dous anos. Ademais, polo tipo de delito ten prohibido comunicarse coa vítima durante dous anos e someterse a un programa formativo sobre igualdade.

ÚLTIMAS

Revés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado por CC.OO. polos pregos do programa ‘Aprende Xogando’

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado por Comisiones...

Lugo, ás portas de ser sede da Axencia Estatal de Saúde Pública: o PPdeG reclama apoios e denuncia o “desprezo” de Sánchez a Galicia

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, avanzou este xoves que os...

A Fundación Rof Codina, condenada a pagar máis de 14.300 euros a unha bolseira que exercía como veterinaria xeralista

O Xulgado do Social número 1 de Lugo condenou á Fundación Rof Codina a...

Sobresalto no CEIP de Monterroso: desaloxan o centro polo fume dunha caldeira

Os alumnos do CEIP de Monterroso, en Lugo, puideron volver ás aulas tras ser...