InicioEconomíaA Deputación de Lugo licita o 40 % do Plan de estradas...

A Deputación de Lugo licita o 40 % do Plan de estradas previsto para este ano

A Xunta de Goberno aprobou ademais as autorizacións de uso por 2 anos, prorrogables a 4, dos hortos urbanos do Parque do Intre para 89 persoas, das que 39 xa tiñan parcelas, pero acabáraselles a concesión, e as outras 50 son para novos beneficiarios

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo alcanzou este mes o 40 % do financiamento do Plan de Estradas previsto para este ano, segundo ha conmfirmado este venres o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, tras a reunión semanal da Xunta de Goberno celebrada no Pazo de San Marcos, na que tamén se aprobaron catro novas obras.

“Desde que comezou o ano, xa aprobamos a mellora de 43 estradas provinciais ao seu paso por máis dunha vintena de concellos cun investimento de preto de 5 millóns de euros”, destacou o deputado. O Plan de obras que anunciou José Tomé a final de ano contempla o acondicionamento de máis de 280 quilómetros en vías de toda a provincia, dotado con 12 millóns de euros.

Así, para alcanzar esta cifra, aprobouse a licitación de obras para mellorar catro estradas de Lugo, O Corgo e Láncara, cun investimento conxunto de 350.000 euros. “Seguimos facendo un esforzo investidor enorme para rehabilitar, manter e mellorar a rede de estradas da nosa provincia, cumprindo coa palabra dada”, valorou Rivera Capón.

Deste xeito, quedou licitado un proxecto cun orzamento de 276.894,63 euros para a mellora de tres estradas entre Lugo e O Corgo. Por unha banda, a Deputación actuará no últimos cinco quilómetros da LU-P-1602, que conecta as parroquias de San Cristovo e Romeán; empezando a actuar á altura da parroquia de Adai; mellorará os primeiros quilómetros da LU-P-1606, no tramo que vai de Adai a Queizán de Abaixo; e tamén acondicionará os últimos metros da LU-P-2918, que é a estrada que une Lugo con Adai por Santa María de Bóveda, e que serve de ligazón coa LU-P-1602 no seu tramo final.

As obras en todas as vías consistirán na reapertura de cunetas, reparación de danos, repavimentación e pintado. O prazo para a execución destes traballos será de 3 meses.

En Lancára, a Deputación aprobou investir 72.976,37 euros na mellora de medio quilómetro da LU-P-2703, que vai da Pobra de San Xiao a Carracedo. Os traballos afectarán ao comezo da vía no tramo urbano da Pobra, desde o cuartel da Garda Civil ata o campo da feira. Neste caso, os traballos consistirán tamén na reapertura de cunetas, pavimentación e reposición da sinalización vertical e pintado da estrada. O prazo de execución será de dous meses.

HORTOS URBANOS

A Xunta de Goberno aprobou ademais as autorizacións de uso por 2 anos, prorrogables a 4, dos hortos urbanos do Parque do Intre para 89 persoas, das que 39 xa tiñan parcelas, pero acabáraselles a concesión, e as outras 50 son para novos beneficiarios.

“Actualmente, temos a pleno rendemento este proxecto”, dixo Rivera Capón, xa que están activas 140 parcelas públicas “a disposición da cidadanía na contorna do Intre, de maneira totalmente gratuíta, co obxectivo de fomentar o lecer ambiental, a agricultura ecolóxica e os hábitos de vida saudables”.

Os beneficiarios destas parcelas contan cun servizo no que reciben atención e asesoramento en temas como a horticultura ecolóxica ou calquera outro aspecto relacionado cos terreos, como pode ser a xestión dos recursos, os materiais e a maquinaria existente.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...