InicioSucesosRatificada polo TSXG a sentenza de cinco anos de cadea a un...

Ratificada polo TSXG a sentenza de cinco anos de cadea a un pai por abuso sexual á súa filla

Os maxistrados do TSXG indicaron na resolución que o fallo da Audiencia Provincial baséase na credibilidade do testemuño da vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada pola sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo pola que condenou a cinco anos de prisión a un pai por abusar sexualmente, de forma continuada, da súa filla menor de dezaseis anos.

Segundo constata acreditado na sentenza, os feitos sucederon entre 2018 e 2021, cando a vítima e a súa irmá acudían ao domicilio do acusado para cumprir o réxime de visitas establecido tras a separación dos seus proxenitores.

Os maxistrados do TSXG indicaron na resolución que o fallo da Audiencia Provincial baséase na credibilidade do testemuño da vítima.

Así, destacaron que “a valiosa información facilitada pola menor non está comprometida na súa fiabilidade no que son aspectos esenciais”, e subliñaron que “a súa enerxía reconstructiva é total pola forma da expresión e a compatibilidade co contexto e as declaracións da súa nai, sen que se identifique algunha tacha que neutralice a verosimilitud do que refire”.

Desta forma, a Sala desestimou o recurso de apelación presentado polo condenado. A sentenza non é firme, xa que cabe recurso en casación ante o Tribunal Supremo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...