InicioSociedadeA Delegación do Goberno dá por finalizado o conflito entre os refuxiados...

A Delegación do Goberno dá por finalizado o conflito entre os refuxiados en Monterroso

Os refuxiados denunciaron desde o luns un trato "discriminatorio" por parte da organización encargada do dispositivo de acollida, asegurando ademais que non poden acceder á atención médica nin a asesoramento xurídico

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, avalou o traballo realizado na atención dos refuxiados en Monterroso e asegurou que o conflito aberto desde o luns, que atribuíu a “rozamentos de convivencia”, está “plenamente resolto”.

“Nós fixemos o que tiñamos que facer, saber o que estaba a pasar”, explicou este venres Blanco, en declaracións aos medios desde Lugo.

O delegado como primeiras conclusioines que non existe “nada que sexa alarmante” e afirmou que a situación é a habitual “nunha comunidade numerosa de seres humanos que están a convivir nunha situación difícil e vindo de onde veñen”.

Ademais, asegurou que a Delegación do Goberno en Galicia “non só” preocúpase ” da súa estancia e mantemento”, senón tamén “do seu benestar persoal”. “O noso traballo é ser solidarios” e que en Monterroso as persoas acollidas “están nas mellores condicións”.

Así, o Goberno conclúe que hai varias persoas acompañando á ONG encargada do caso (Rescate) e que non hai un problema “máis aló do que son rozamentos de convivencia”.

PROTESTAS DESDE O LUNS

Estas palabras de Blanco prodúcense despois de que o xoves pola tarde se enviase a Monterroso un representante da Administración para mediar no conflito entre os migrantes e a ONG Rescate.

E é que os refuxiados levan denunciando desde o luns un trato “discriminatorio” por parte da organización encargada do dispositivo de acollida, asegurando ademais que non poden acceder a atención médica nin a asesoramento xurídico –algo que solicitan polas denegacións que han ido chegando das súas solicitudes de asilo–.

Segundo este colectivo, que chegou a realizar un peche simbólico no hotel onde permanecen aloxados, existe diferenza de trato segundo a procedencia dos migrantes, recibindo un mellor trato os magrebís.

SECRETARÍA DE ESTADO DE MIGRACIÓNS

A secretaria de Estado de Migracións, Pilar Cancela, asegurou que o conflito co grupo de migrantes acollidos no municipio lucense de Monterroso, que xestiona a ONG Rescate, “está absolutamente normalizada”.

En declaracións aos medios en Ferrol, antes de participar nunha xornada organizada en Canido pola asociación Mobilidade Humana, Cancela explicou que cada un dos centros de acollida que hai “repartidos por todo o Estado” teñen “uns protocolos de actuación” e “unhas normativas de cumprimento”.

Ademá, “hai unha interlocución permanente coas persoas que están a formar parte da convivencia dese centro, no día a día, e no caso de Monterroso non ten ningunha excepcionalidade”, engadiu.

Os migrantes acollidos na localidade lucense protagonizaron desde o luns un peche para denunciar discriminación no trato por parte da ONG Rescate, pero a secretaria de Estado deu por resolto o conflito este venres.

“Polo que se e polas noticias que teño”, relatou, desprazouse o xoves ata alí un equipo “especializado” do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións “para ver cal é a situación, avaliala e dar unha resposta, en coordinación coa Delegación do Goberno” e tamén con “as forzas e corpos de seguridade do Estado, unicamente a efectos dun protocolo que se aplica de maneira regular”.

“As noticias que temos é que agora mesmo hai un diálogo normalizado e tranquilo, que eu creo que é o mellor que pode pasar para a convivencia de todas as persoas que están alí”, sentenciou Cancela.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...