InicioSociedadeXulgan a dúas mulleres por estafar 16.500 euros a unha anciá con...

Xulgan a dúas mulleres por estafar 16.500 euros a unha anciá con deterioración cognitiva, nai e avoa das procesadas

Fiscalía pide para elas dous anos e medio de prisión polo delito de falsidade documental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo fixou para o vindeiro xoves, día 6, o xuízo contra dúas mulleres, nai e filla, acusadas de estafar 16.500 euros a unha anciá con deterioración cognitiva, nai e avoa, respectivamente, das procesadas.

Segundo o escrito de acusación fiscal, os feitos remóntanse aos anos 2012 e 2013, cando as acusadas convivían no municipio lucense de Taboada coa vítima, que padecía problemas de memoria desde o ano 2007.

Dentro desta convivencia, a finais de 2013 foi necesaria a intervención dos servizos sociais do Concello de Chantada, dado que a anciá “achábase nunha situación de desamparo grave”. A súa deterioración cognitiva agravouse neste período, de maneira que a muller “non era capaz de lembrar aspectos relevantes e importantes da súa vida, sendo facilmente manipulable e non estando capacitada para realizar transaccións económicas de relevancia. A vítima foi declarada incapaz en febreiro de 2014 e nomeouse como a súa titora á súa outra filla.

Con todo, no período previo á súa declaración de incapacidade, e mentres convivía coa filla e a neta agora procesadas, ambas puxéronse de acordo para que a muller acudise ao banco a retirar “importantes sumas de diñeiro” para entregarllo a elas. Nunha das retiradas, unha das acusadas chegou a falsificar a súa firma. En total, fixéronse con 16.500 euros, que agora se reclama a súa devolución.

Ademais, Fiscalía pide para elas dous anos e medio de prisión polo delito de falsidade documental, dado que considera que o delito continuado de estafa é obxecto dunha eximente completa por ser as acusadas descendentes da vítima e non existir violencia ou intimidación.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...