InicioLugo e contornaLugoRubén Arroxo asegura que o fin das axudas no afectará aos buses...

Rubén Arroxo asegura que o fin das axudas no afectará aos buses urbanos de Lugo

Ademais, destacou que 2024 foi un "ano histórico" para o autobús urbano, alcanzando a marca de persoas usuarias desde que se gardan rexistros, con 2.219.312 billetes expedidos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), asegurou que os buses urbanos non se verán afectados e “continuarán sendo os máis baratos de Galicia e os terceiros máis económicos de todo o Estado” a pesar de que “non foi renovado o decreto do Estado que permitía os descontos no transporte público.

Así o anunciou este xoves o edil, responsable da área de Mobilidade, que destacou o compromiso do goberno de local por manter un transporte accesible e sustentable para a cidadanía.

“En Lugo queremos que o transporte urbano siga sendo unha opción cómoda e accesible para todas as persoas, e manter as tarifas actuais é unha ferramenta crave para mellorar a accesibilidade e a calidade de vida na nosa cidade”, sinalou Arroxo.

Ademais, destacou que 2024 foi un “ano histórico” para o autobús urbano, alcanzando a marca de persoas usuarias desde que se gardan rexistros, con 2.219.312 billetes expedidos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo e Santiago estarán conectadas por autovía o vindeiro verán tras finalizar a A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que Lugo quedará plenamente comunicada...

Reigosa denuncia insultos e lanzamento de moedas antes da moción que pode cambiar o goberno de Lugo

A concelleira non adscrita María Reigosa confirmou a presentación dunha denuncia ante a Policía...

As obras da intermodal de Lugo estarán finalizadas en xuño

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, asegurou este luns que as obras...

Equigal recibirá 40.000 euros da Deputación para financiar a súa nova edición entre o 8 e o 17 de maio

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o responsable do Pazo de...