InicioSociedadeUn lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Queda a un número do bote de 120 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do ONCE, un sorteo celebrado o pasado martes. Segundo informa a ONCE nun comunicado, esta persoa quedou a un número do bote de 120 millóns, que se mantén para o seguinte sorteo. O agraciado entrou na web da entidade e gastou seis euros neste sorteo co que obtivo un premio millonario. Eurojackpot é un sorteo europeo que se comercializa simultaneamente en España, por parte da ONCE, e noutros 18 países. Consiste en acertar cinco números de 50 posibles e dous soles de entre 12 cifras.

O sorteo de Eurojackpot celébrase todos os martes e venres en Helsinqui e parte dun bote mínimo de 10 millóns, ata chegar aos 120 millóns que están agora en xogo. A ONCE comercializa o Eurojackpot xunto a Alemaña, Suecia, Países Baixos, Italia, Finlandia, Croacia, Eslovenia, Noruega, Lituania, Letonia, Dinamarca, Islandia, Estonia, Hungría, Eslovaquia, República Checa, Polonia e Grecia.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...

Lectura da lista de finalistas do XXIV Premios Mestre Mateo no Vello Cárcere de Lugo

O Vello Cárcere de Lugo acolleu esta mañá a lectura da lista de finalistas...