InicioLugo e contornaLugoXulgan a un residente dun centro de maiores de Lugo por agresión...

Xulgan a un residente dun centro de maiores de Lugo por agresión sexual a tres traballadoras

Fiscalía considera os feitos constitutivos de tres delitos de abuso sexual, polos que pide, en total, tres anos de cárcere, así como que indemnice a dous das vítimas con 1.000 euros cada unha e con 2.000 euros á última

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Penal 1 de Lugo xulgará este xoves, día 21, a un usuario dun centro de maiores de Lugo acusado de agredir sexualmente a tres traballadoras.

Segundo o escrito de acusación de Fiscalía, o home residiu nese centro de maiores desde o 2 de xullo de 2020 ata o 5 de abril de 2022 e, durante este período, producíronse tres agresións a tres traballadoras diferentes.

A primeira delas foi na segunda quincena do mes de decembro de 2022, mentres o procesado estaba a ser aseado por unha traballadora da residencia, á que agarrou os dous peitos chegando a manifestarlle que “tiña moito diñeiro e que se deixaba que a tocase pagaríalle”.

Ao redor de setembro de 2021, tras ser aseado por outra traballadora, o home deulle unha palmada nas nádegas dicíndolle “estás para levalas”.

Finalmente, o 30 de marzo de 2022, cando o procesado estaba na sala de fisioterapia, pediu a presenza dunha terceira traballadora, á que convidou a sentar ao seu lado na padiola. Cando esta accedeu, el agarrouna dos ombreiros, baixoulle a máscara e tratou de bicala na boca. A pesar da negativa dela, o acusado chegou a darlle un bico na fazula e na orella dereita, mentres lle tocaba un peito.

Fiscalía considera os feitos constitutivos de tres delitos de abuso sexual, polos que pide, en total, tres anos de cárcere, así como que indemnice a dous das vítimas con 1.000 euros cada unha e con 2.000 euros á última.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...