InicioSociedadeFamilias de Monterroso reclaman máis medios no CEIP para unha educación "inclusiva...

Familias de Monterroso reclaman máis medios no CEIP para unha educación “inclusiva que atenda á diversidade”

Unha manifestación percorreu este domingo as rúas do municipio para demandar especialistas e persoal de apoio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Familias da localidade lucense de Monterroso, acompañadas de numerosos veciños e membros da corporación municipal, manifestáronse este domingo para reclamar máis medios humanos e materiais no CEIP para “unha educación inclusiva que atenda á diversidade”.

Tras partir sobre as 12.00 horas da zona de Caracacho, os manifestantes percorreron o pobo pola Avenida de Lugo ata o Concello, onde leron un manifesto no que expuxeron as súas demandas. Neste documento sinalan que a súa loita é “reivindicar que a escola poida exercer con plenitude, liberdade e calidade o seu papel como elemento básico na dinamización das comunidades rurais” para, deste xeito, construír “unha sociedade mellor” no lugar no que decidiron criar aos seus fillos e fillas.

Para iso, demandan unha política educativa “que achegue e non recorte” e que “sexa consciente” da “urxencia” de atender unhas necesidades que, segundo apuntan, son cada vez “máis diversas”. “Se queremos a verdadeira integración do alumnado, é necesario que veña apoiada con recursos e non só con palabras bonitas escritas nun folio ou nunha páxina web”, sosteñen.

APOSTAR POLO RURAL

Ademais, no manifesto reclaman que, “se verdadeiramente se aposta por reverter o proceso de abandono e despoboamento” do rural, hai que “esixir á Administración que vexa as necesidades educativas” do alumnado como “un investimento de futuro” e non con “intereses económicos cortoplacistas”.

Por todos estes motivos, piden que se dote ao CEIP Plurilingüe de Monterroso dos medios humanos e materiais “necesarios” para poder cumprir cunha educación “inclusiva”, que “atenda á diversidade e de calidade”, incluíndo especialistas, así como persoal de apoio para levar a cabo a atención das necesidades pedagóxicas.

“As familias, que cada vez nun maior número, decidimos apostar por facer un proxecto de vida no rural, non somos de segunda categoría. Pagamos os mesmos impostos para poder materializar o dereito básico á educación, polo que esiximos os mesmos dereitos”, conclúen.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...