InicioSociedadeA xustiza recoñece o plus de nocturnidade a unha xerocultora dunha residencia...

A xustiza recoñece o plus de nocturnidade a unha xerocultora dunha residencia en Castro Ribeiras de Lea

Segundo CSIF, que se fixo eco da sentenza, as empresas adxudicatarias do servizo foron condenadas ao abono de 2.965,34 euros máis os intereses correspondentes á traballadora

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do social número 1 de Lugo recoñeceu o dereito dunha gerocultora da residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea (un centro concertado de xestión privada), en Lugo, a percibir o plus de nocturnidade recollido no convenio.

Segundo CSIF, que se fixo eco da sentenza, as empresas adxudicatarias do servizo foron condenadas ao abono de 2.965,34 euros máis os intereses correspondentes á traballadora.

O sindicato sinala que as adxudicatarias non viñan abonando o plus de nocturnidade na cantidade establecida polo V Convenio Colectivo do sector Residencias Privadas de Galicia.

Por iso, a traballadora acudiu ao Xulgado do Social en defensa dos seus dereitos, representada polos servizos xurídicos de CSIF Lugo.

CSIF CELEBRA O FALLO

Neste sentido, a sentenza considera que resulta acreditado que se lle deben as cantidades que reclama na súa demanda.

CSIF felicítase por este fallo, que, remarca, pon en evidencia “os incumprimentos” das empresas que xestionan este centro na aplicación do convenio colectivo, “non respectando os dereitos das persoas traballadoras”.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...