InicioPolíticaValos publicitarios do PP contra o goberno de Lugo: "PSOE e BNG...

Valos publicitarios do PP contra o goberno de Lugo: “PSOE e BNG vanche subir os impostos para o seu malgasto”

O PP de Lugo continúa coa súa acción contra o bipartito de Lugo e manteñen que, con "unha mellor xestión, por parte do goberno local, non sería necesaria esta subida de impostos nunca vista"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo colocou dous valos publicitarios co slogan “PSOE e BNG vanche subir os impostos para o seu malgasto” para que, segun explican os populares, “cada veciño e veciña coñeza a realidade do que lle van a subir os recibos en 2025”. Unha delas atópase na rúa Xosé Castiñeira, na contorna dos conservatorios. A outra na Campiña, na estrada de Vegadeo.

O goberno bipartito do Concello de Lugo confórmano o PSOE e o BNG, que aprobaron o pasado 26 de setembro unha subida de impostos de face ao 2025. A oposicón local, que votou en contra, mostrouse desconforme desde un primeiro momento e cualificouno como un “incremento inxustificado”.

Proxectos como o carril bici, o impulso verde, a rampla do Miño e a piscina de Caldas do Miño son cos que se mostra máis crítico o PP lucense. Considera que supuxeron “investimentos millonarios” e que a pesar diso, “non teñen uso” nin “ningún valor engadido”.

Así, os populares continúan coa súa acción contra o bipartito de Lugo e manteñen que, con “unha mellor xestión, por parte do goberno local, non sería necesaria esta subida de impostos nunca vista”.

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...