InicioAncaresBecerreáO PP de Becerreá e veciños esixen á Deputación a apertura do...

O PP de Becerreá e veciños esixen á Deputación a apertura do centro comarcal de maiores

Segundo denuncia nun comunicado de prensa, este centro leva case tres anos finalizado "e aínda pechado sen ofrecer servizo aos veciños da comarca e sen xerar postos de traballo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Becerreá arroupou no Parlamento a veciños que forman parte da plataforma Prol Residencia para esixir ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, a apertura do centro comarcal de atención a maiores.

Segundo denuncia nun comunicado de prensa, este centro leva case tres anos finalizado “e aínda pechado sen ofrecer servizo aos veciños da comarca e sen xerar postos de traballo”.

Os populares apoian o que consideran unha “xusta reivindicación” para a posta en marcha da residencia e esixen “partidas orzamentarias concretas” para garantir o equipamento e “realizar todos os trámites que sexan necesarios para que a súa apertura sexa unha realidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...