InicioLugo e contornaLugoSuspenden as obras na presa de Acea de Olga debido ao aumento...

Suspenden as obras na presa de Acea de Olga debido ao aumento de caudal do Miño

A pesar desta paralización temporal, a CHMS asegurou que, os elementos construídos ata o momento están "completamente asegurados e preparados para soportar os caudais actuais e futuros"

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras de rehabilitación e permeabilización da presa da Acea de Olga, no río Miño ao seu paso por Lugo, foro suspendidas temporalmente debido ao incremento do río até valores superiores aos 300 m3/s.

Segundo informou a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) nun comunicado, o incremento do caudal foi polas condicións meteorolóxicas “extremadamente adversas”.

As fortes precipitacións afectaron a toda a conca do Miño-Sil nos últimos días, ocasionando un aumento moi importante do caudal do río, que superou as proteccións existentes e alagou a zona de traballo, o que derivou na inmediata paralización das actuacións.

Este tipo de interrupcións son previsibles ao ter que traballar nunha contorna fluvial como o do río Miño e que pola súa duración, obrigan a planificar a súa execución en máis dun período de estío.

A pesar desta paralización temporal, a CHMS asegurou que, os elementos construídos ata o momento están “completamente asegurados e preparados para soportar os caudais actuais e futuros”.

Con todo, se as precipitacións cesan e o caudal circulante redúcese ata niveis adecuados, farán unha valoración dos efectos destas últimas enchentes e realizarán intervencións complementarias para asegurar e acondicionar a zona de traballo de cara ao inverno.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O orzamento do Concello de Lugo destina nove millóns de euros a investimentos

O Goberno municipal de Lugo, por medio da alcaldesa socialista, Paula Alvarellos, e o...

Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo

'Vos Andares' é unha serie de viaxes sonoras creada por artistas de diferentes ámbitos...

Lugo Monumental denuncia ante a Valedora a venda de falsificacións nos postos de San Froilán

A asociación Lugo Monumental levou ante a Valedora do Pobo a venda de produtos...